“Hotel para coleccionistas discretos”. Novela publicada pola Editorial Galaxia en febreiro de 2019. 

Sinopse

Nas altas esferas de poder da patria só hai psicópatas. Neuróticos antolladizos que manifestan a súa absoluta carencia de empatía coa sociedade a través do coleccionismo de caprichos. A soidade empurra á empresaria Amalia Valverde a integrarse neste grupo de coleccionistas discretos e poderosos, mais a súa morte pon en marcha un novo reto a través da súa filla, Lara, e o seu amigo Andrés Caibo: reunilos no Hotel Continente cun fin esperanzador.

“Hotel para coleccionistas discretos” é unha novela coral apegada á actualidade que deixa no aire máis preguntas que respostas nas súas múltiples lecturas. ¿Ata onde son quen de chegar por manter o seu status de poder os coleccionistas discretos? ¿Pode unha patria fráxil soportar os seus antollos?

Cun estilo moi persoal, no que resaltan a pulcritude expresiva e o dominio da palabra, Diego Giráldez pescuda na relación entre a literatura ficional e a actualidade máis crúa, retorcendo a realidade con doses de humor e atmosferas delirantes.

 


 

xg00255001
A portada é obra do ilustrador Antonio Seijas.

“Galería de saldos”, libro de relatos curtos Editado por Xerais en xuño de 2016.

Sinopse

En cada un dos relatos de Galería de saldos mestúranse as vidas de personaxes cotiáns, protagonistas de calquera crónica de actualidade, con obras de arte orixinais ou reproducións baratas. Un mondrian nun edredón, un maruja mallo nunha bolsa de pan. A arte, igual que as traxectorias dos que fracasan, tamén pode quedar fóra de contexto. É doado identificarse con calquera dos personaxes do libro porque están aí, na sección de sucesos dun xornal, sentados no bar de sempre. Son superviventes dunha crise que os obriga a crer que teñen mala sorte. Caen enfermos. Padecen desamor, violencia e frustracións. Galería de saldos é unha homenaxe aos antiheroes en bata de casa. Escrito con importantes doses de ironía e a franqueza máis cruenta, neste libro non hai oco para a fantasía, unicamente para unha realidade que doe. As vidas dos personaxes son coma pezas da mostra dunha galería en rebaixas tan só visitada pola persoa encargada da limpeza.

O libro está a ser foi moi ben recibido por público e crítica.

Dixeron.jpg

Para a promoción do libro, Antón Veiga e Mon Moares realizaron un booktrailer coa innovadora técnica 360º. O booktrailer de “Galería de saldos” convertiuse no primeiro da literatura galega realizado en realidade virtual.