Diego Giráldez (O Porriño, 1976) leva toda su vida profesional vinculado ao xornalismo. Dirixiu distintos xornais e revistas, colaborou como columnista de opinión en medios como A Nosa Terra, A Peneira ou Xornal de Galicia, e, a través de reportaxes culturais, con El País. Na actualidade escribe para o diario dixital Praza Pública e a Revista Luzes e dedícase profesionalmente á comunicación corporativa.

Licenciado en Historia da Arte, ten varios traballos publicados que van dende a arquitectura ata a historia económica. Sen renunciar á creación literaria, con vinte anos participou, canda outros autores, no poemario “Baldío”. Máis tarde, en 2016, saía á luz o seu libro “Galería de saldos”, o seu primeiro traballo literario de narrativa. Este libro de relatos valeulle o aplauso unánime de crítica e público, sendo elixido “Autor galego do ano” polo lectorado da revista Fervenzas Literarias.

PREMIOS

En 2010, gañaba o Premio Literario “José Saramago” de relato curto. Ese mesmo ano recibía no seu pobo o Premio Círculo “Cultura”. En 2015, fíxose co primeiro accésit do Certame Nacional de Narracións Breves “Modesto R. Figueiredo” e un ano despois gañaba o prestixioso premio literario “Manuel Murguía”.

One thought on “Bío

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s