As figuras efémeras
Este mes de xaneiro Marilyn Monroe volverá a ser efémera. As autoridades de Harbin, unha capital de provincia do noroeste chinés na que se celebra un popular Festival da Neve, anunciaron que a tentación que vive arriba terá unha escultura de seis metros modelada en xeo. Conxelan aquela pose sobre o respiradeiro do metro. O … Ler máis
Circunscripción de Hamelín
(versión cast. para chegar a unha maioría absoluta) Las ratas de la ciudad alemana de Hamelín pelearon por tener voz propia. Hartas del cuento, decidieron engordar su autoestima jerarquizando el alcantarillado e implantando un sistema monetario insostenible pero que da el pego. La historia está bien montada. Tienen un centro comercial imprescindible, un Banco Central … Ler máis
A xornalista
Cando rematou de ensaiar a súa traxectoria, de afinar a vocalización e sobrecoller as esaxeracións diante do espello, dixo en broma que “nos tempos nos que andamos, o máis efectivo para unha entrevista de traballo era un escote relucinte”. Pero a súa nai, que foi toda a vida administrativa, que viviu independente con nómina propia, … Ler máis
Vivirás bautizado “Economato Pekín”
A meirande parte da miña mocidade vivina sobre un economato. Lembro as beirarrúas atoadas polos coches mal aparcados dos traballadores de Zeltia que, co privilexio dos tocados por Deus, cargaban os maleteiros coa compra metida en caixas de Vernel. Nunca entendín por que tendo o supermercado dous pisos máis abaixo, tiña que ir buscar o … Ler máis
Autocanibalismo
Publicado en Xornal de Galicia o 10-08-2011 Galicia cómese a si mesma. A cultura gastronómica triplica o interese que nos esperta a cultura a palo seco. A oferta de festas gastronómicas é obscena; as administracións derivan partidas orzamentarias para mantelas en pé e saben que é preferible aplicar tesoira en Asuntos Sociais antes de que a … Ler máis
Marcar un “X”
Xornal de Galicia abandona os quioscos este xoves. Como colaborador do diario síntome absolutamente apesarado, pero máis fea é a sensación de orfandade na que me deixa como lector, como adicto ao traballo impecable dos seus profesionais e como galego; como habitante deste universo ás veces tan cotroso e tan cativo. Non aturo a ignorancia … Ler máis
Aínda existen ladróns con sensibilidade
Publicado en A Nosa Terra o 08-07-2011 A Historia está viva, é rendible e cotiza. Aínda existen ladróns con sensibilidade que comercian co poder eterno da Arte e iso, no sistema no que sobrevivimos, non resulta tan indignante. Non é unha boa nova que o Códice Calixtino se perda no limbo da transacción comercial; non … Ler máis
Un premio así, un fusible
Teño unha amiga que di ter memoria de peixe, desas configuradas para esforzarse tres segundos e non querer ancorarse en labirintos perdedores. Esas memorias crápulas son orixinais e decentes, chisteiras das que sacar maxicamente lembranzas que tan só se aplican ao que queres lembrar. Son coma as buguinas das fábricas que se escoitan sempre ao lonxe … Ler máis
TVG, fritideira e Almax
Publicado en Xornal de Galicia o 12-06-2011 A finais de 2009 a dirección da TVG decidía encetar o ano entrante cunha programación espoliada da totalidade dos programas culturais que ata ese momento figuraban na grella da canle pública. Deixábanos orfos de formatos tan necesarios como Miraxes, Libro aberto, Onda Curta, Banda Curta ou Planeta Cine. … Ler máis
_
_